-Comeza outra lexislatura e hai novo Goberno galego, ¿que lle recomenda en educación?
-O sistema educativo galego precisa renovación pedagóxica e cultural. Hai prioridades, como aplicar a Lomce con diálogo e acordos; tomar en serio a desgaleguización das novas xeracións e entre a infancia, en particular nos medios urbanos, e revisar o decreto de dinamización lingüística; mellorar os deseños curriculares; ou atender as necesidades educativas de zonas rurais, tendo en conta outros sectores. Porque para un ensino de éxito a escola ten que contar con toda a sociedade.
Antón Costa. Catedrático, fundador de Nova Escola, historiador do ensino e da cultura galegas, e un dos membros máis veteranos do Consello Escolar de Galicia.