-A miña intención é unha peza de entretemento, aínda que procurei que estivese ben ambientada, que fose o máis fiel posible á realidade. O que tratei foi que non fose unha peza que alguén le e esquece, de feito, o que intentei foi presentar os dous puntos de vista, o da igrexa oficial de Roma fronte aos chamados herexes cátaros; amosar que o único que querían era a salvación das súas almas e facíano do xeito que crían máis axeitado: uns seguindo a doutrina católica e outros outra opción, pero nin uns eran completamente bos, nin os outros completamente malos.
-Ten referentes literarios diversos, de Auster a Castelao...
-Son bastante heteroxéneo, interésanme case todos os xéneros. O que consciente ou inconscientemente tendo é a escribir algo que non se pareza moito ao que máis me gusta. Entón procuro ter o meu estilo.