«Souben dende o minuto un que non ía ser o secretario xeral do PP galego»
SANTIAGO CIUDAD
Hernández reivindica que o do pago aos proveedores deixou de ser un problema para o Concello desde o seu mandato como alcalde
07 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Agustín Hernández so puido durar un ano na principal cadeira da cidade e a súa aspiración é reeditar a alcaldía desde os escanos de la oposición. Aínda que é consciente das dificultades do reto.
-¿Cansa un ano na oposición despois de exercer o poder?
-Non, é un traballo diferente, onde aprendes moito. E aínda que tenso, é mais divertido que estar no goberno, onde ten máis responsabilidades e dedicación.
-Pero que non vaian adiante propostas frustrará un pouco.
-Home, si, cando fas unha proposta e non é aprobada xera moita frustración. E tamén é frustrante cando tampouco a apoian os outros grupos da oposición.
-Estaba en moitas bocas como novo secretario xeral do PP.
-Dende o minuto un souben que non ía selo. Aparte de que de ter que asumir esa responsabilidade obviamente tería que deixar de estar no Concello e na Deputación, porque a secretaría xeral require dedicación exclusiva e unha tarefa entregada no día a día. E iso se nota xa no traballo de Miguel Tellado.
-Ou sexa que Feijoo non o deixou esquecido en Raxoi.
-Feijoo non deixa esquecido a ninguén. Nun momento dado decidiu que eu tiña que dar o paso de vir para Santiago, e cada un ten que asumir as responsabilidades das decisións adoptadas. Non me parecería satisfactorio, á vista dos resultados, marchar do Concello. Foi o que asumín e teño que ser coherente con iso.
-¿É dura a carreira cara a alcaldía, na que varios compañeiros seus quedaron polo camiño?
-Santiago é unha cidade complicada a efectos políticos. Tíñamos 5.000 votos máis nas autonómicas que nas municipais e a percepción da cidadanía era que por fin o PP tiña un candidato de gran aceptación. E quedamos con nove concelleiros. O reto que temos é acadar a maioría absoluta.
-Vai un ano de xestión de Compostela Aberta. ¿Cualificación?
-O mellor cualificativo é «decepcionante». É o que se palpa na cidadanía. É evidente que os cidadáns votaron un cambio. Pero non se cumpriron as expectativas, e aínda habendo un grao importante de respaldo a Noriega nos seus votantes, hai bastantes que se senten decepcionados. CA está copiando o peor do sistema que despreza.
-Reyes di que o que fai Compostela Aberta é seguidismo do PP.
-Os criterios de Reyes están máis que cuestionados. É certo que CA continuou temas que estaban en marcha, como a Intermodal, tarde, mal e arrastro, pero seguiron o que estabamos tramitando. No túnel de Conxo ocorre algo semellante. E hai cousas nas o goberno local fixo cambios cosméticos. Nós adoptamos decisións útiles e beneficiosas, e se CA as segue actúa correctamente.
-O PP cuestionou que haxa proxectos ralentizados ou parados.
-Na tramitación administrativa este goberno deixa moito que desexar. Na avenida de Vilagarcía o de menos era que faltara un informe, pero levamos un ano e a obra segue sen adxudicar. Na Rapa da Folla ocorre tamén. E paréceme frustrante e inaudito a paralización do proxecto consensuado da Casa da Xuventude. E fallou na actuación nos rebacheos onde, por certo, cinco millóns non chegan para arranxar o pavimento.
-¿Cómo ve as finanzas, onde se soe mirar á herdanza recibida?
-Si CA vira algo irregular ou incorrecto para sonroxar a nosa xestión económica o sacaría á luz de inmediato. Houbo un saneamento duro, pero imprescindible, e o pago a provedores por exemplo xa non é problema, aínda que agora empeoraron os prazos e os pagos. CA ten que ter solucións para acadar recursos sen acudir ó fácil, a subida do IBI. No tema económico non ten nada que criticar ó goberno anterior.
«A xestión de Compostela Aberta é decepcionante. É o que se palpa na ciudadanía»