A moza Noela Rivas gaña o certame de relato curto en galego de Coca-Cola

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

Álvaro Ballesteros

Viaxará a Londres e a Madrid para participar nun campus. Onte entregáronse en Santiago os premios

21 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Noela Rivas Cantelar, do IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago, é a gañadora do concurso de relato curto en galego de Coca-Cola, que convocan conxuntamente Cola-Cola e Política Lingüística. Rivas fixo o mellor relato de entre máis de trescentos rapaces de segundo da ESO, nun certame que pretende premiar as dotes literarias dos estudantes. Para iso deben facer en dúas horas unha composición baseada nun estímulo narrativo. A gañadora viaxará a Londres e a Madrid para participar nun campus. Onte entregáronse en Santiago os premios do concurso, onde resultaron finalistas outros vinte rapaces de varias localidades.