A Carreira das Letras xunta a 400 participantes en San Lázaro

santiago / la voz

SANTIAGO CIUDAD

O conselleiro de Cultura foi o encargado de dar a saída.
O conselleiro de Cultura foi o encargado de dar a saída. x. a. soler

O deporte e os libros congregaron a numerosas familias no espazo do estadio de San Lázaro, onde se entregaron os premios

16 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A terceira Carreira Camiño das Letras xuntou onte a 400 participantes en San Lázaro: 164 realizaron a proba na categoría absoluta, desde Lavacolla, e percorreron por volta duns 11 quilómetros, por traxectos da Ruta Xacobea; e o resto eran de categorías menores e pitufos.

O deporte e os libros congregaron a numerosas familias no espazo do estadio de San Lázaro, onde se entregaron os premios de todas as categorías. A organización resalta que a participación foi superior á do ano pasado, e tamén contou con maior número de patrocinadores, entre eles o Concello de Santiago, a Xunta e a Federación Galega de Atletismo.

O Colexio La Salle foi premiado como centro de ensino con máis participantes. Na categoría absoluta, o gañador masculino foi Amador Pena, que chegou á meta en 38 minutos e 24 segundos, o mesmo tempo que Pedro Nimo e Miguel Penedo, que o acompañaban; e en feminina, Lara Buig, en 48 minutos e 21 segundos, seguida de María Tarrío e Bea Amado.