O poder emigrante da Expo Rexional Galega de 1909

Santiago e Galicia enteira viviron un acontecemento sen precedentes


No verán de 1909, Santiago e Galicia enteira vivirían un acontecemento sen precedentes na historia do país: a montaxe da Exposición Rexional Galega. Hai intres nos que unha cidade é quen de sumar forzas e espelir a súa habitual nugalla. Este foi un deles. 

A Expo de 1909 acolleu a preto de 600 expositores e vendeu máis de 53.000 entradas, o dobre da poboación de Santiago daquela. Abriuse a cidade cara o Sur para erguer espectaculares pavillóns e neles mostrar os adiantos tecnolóxicos do momento, ao tempo que se exhibía a riqueza arqueolóxica e cultural do país.

Un dos edificios que máis admiración espertou foi o Pavillón do Centro Galego da Habana que aquí traemos nunha imaxe do gran fotógrafo Manuel Chicharro Bissi, cuxo fondo documental se custodia no Instituto Galego Padre Sarmiento. Reproduce, a pequena escala, o magnífico edificio de mármore que, cos cartos da emigración galega, se estaba a construír precisamente por aqueles días na capital cubana. A expectación que produciu este edificio foi enorme. Imos concluír a nosa Fotohistoria recollendo a crónica que este diario, La Voz de Galicia, publicaba en portada, con ilustración, o 30 de maio de 1909. Un texto que é toda unha lección para hoxe:

«La nota más gallega de la Exposición regional próxima a inaugurarse la darán nuestros hermanos de América. Son ricos, son entusiastas, sienten hacia su tierra amor intenso que la distancia agranda. (...) El Centro Gallego habanero es algo así como una Galicia pequeñita, pero unida (...). Nada de rivalidades de pueblos y de egoísmos inveterados. Fijo el pensamiento en la patria común, en la pequeña patria de sus anhelos, coruñeses, vigueses, ferrolanos, pontevedreses, orensanos, lucenses. Los 25.000 gallegos que forman la legión poderosa en que el Centro se afianza, laboran y conviven, abierto el espíritu a todo bien». 

editor@alvarellos.info

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos

O poder emigrante da Expo Rexional Galega de 1909