«As cancións populares que versiono adáptoas ao meu estilo»

O cantautor, que actúa hoxe en Santiago, volverá o día 13 para subir ao escenario con Víctor Manuel

Rúa hará hoy un repaso por sus 15 años de trayectoria<span lang= es-es > </span>
Rúa hará hoy un repaso por sus 15 años de trayectoria

21.00 horas???Casa das Crechas???5 euros???O cantautor ourensán Emilio Rúa, que leva dende os 7 anos sobre o escenario, fará un repaso polos seus quince anos de carreira discográfica esta noite en Santiago. Ademais, o próximo 13 de febreiro acompañará a Víctor Manuel no seu concerto no Palacio de Congresos, en San Lázaro.

-¿Que atopará a xente no concerto de Emilio Rúa?

-Trátase de presentar o meu novo disco, Querida alegría, que é o sexto. Amosarei parte das cancións, que algunhas xa foran editadas noutros discos, por iso é como facer unha especie de repaso aos discos anteriores. Esas cancións foron novamente gravadas con outro aire, pero tamén hai un tema inédito, cancións propias e algunha versión. Entón, no concerto vaise atopar unha revisión da miña discografía e temas populares versionados por min e tamén outros coñecidos como A moza de onte, de Antonio Vega, ou Un lugar do arco da vella de Mago de Oz.

-¿Como se conxuga esta mistura de versións doutros temas coas composicións propias?

-A primeira canción popular que versionei foi Carolina e no 2006 gravei un disco no que ía esta máis a Rianxeira, que foron dous temas que versionei á miña maneira, que os adaptei como se foran cancións miñas pero respectando sempre a melodía e a letra, como fago sempre. Fágoas propias adaptándoas ao meu estilo e buscarlle o meu xeito, para que a quen o escoite lle soe a canción versionada pero que a identifique coa miña forma de compor, de tocalas. Entón, é levalas ao teu terreo e facelas case túas. E ademais elixo as cancións que vexo máis acordes coa miña forma de cantar.

-Neste disco repasa os 15 anos de traxectoria, ¿como os resumiría?

-Calquera artista deste país sabe que a música é un campo complicado, pero é un oficio digno, e sempre estás loitando. Durante estes 15 anos atopeime de todo, pero sempre fun paso a paso, con discos ben feitos e con moitas colaboracións de xente que che bota unha man. Doado non é, porque despois de 15 anos cantando en galego, non é fácil vivir no noso país cando moito público aínda te descoñece. Ao mellor, quero pensar, é a situación cultural, pero é triste que teñamos que loitar tanto para recibir, ás veces, tan pouco; pero ese pouco sábenos a gloria.

-Vai participar no próximo concerto de Víctor Manuel en Santiago, ¿que supón actuar precisamente cun dos grandes referentes da música de autor?

-A verdade é que un orgullo enorme. Xúntanse moitas cousas, eu tamén son un namorado de Asturias e, despois, o peso que ten el dentro da canción de autor. Estamos inmersos nun proxecto de duetos, que agardo que vexa a luz pronto porque xa levamos tempo traballando nel, e entre os moitos artistas está Víctor Manuel. Ensinámoslle a canción o ano pasado, encantoulle a versión e o que facía e dixo que quería estar no proxecto si ou si. Despois, deuse a casualidade que viña aquí a Galicia e entón fun convidado por el. Para min é un orgullo e un honor que o faga.

-¿Que tema interpretarán?

-Será a que vaia no disco, Canción pequena, unha versión que fixen do tema del Canción pequeña.

-¿Xa ten cerrado outras participacións no disco de duetos?

-Levamos con este proxecto dende antes do disco Querida alegría. Plantexáronmo en xaneiro do 2015, traballei nos primeiros meses moito nel, fixen bastantes versións, temas meus adaptados ao castelán, outros temas brasileiros adaptados ao castelán... Vai ser unha conxunción de temas galegos e en castelán, e en canto a artistas, faltan algunhas respostas, pero o primeiro deles foi Víctor Manuel.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«As cancións populares que versiono adáptoas ao meu estilo»