A Facultade de Química acolle un busto dedicado ao investigador


A homenaxe celebrada onte en Santiago de Compostela fará que a memoria de Isidro Parga Pondal sexa visible de agora en adiante a través da súa imaxe, posto que o acto comezou co descubrimento dun busto do persoeiro laxense, obra do escultor José Molares, na entrada da Facultade de Químicas.

Alí, en torno ao seu legado e a propia escultura se congregaron numerosos representantes da vida política, social e empresarial de Galicia, como o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, ou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, ademais da decana da Facultade de Química, Pilar Bermejo Varela, ou o catedrático baiés Jorge Mira, Tamén participou o historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez, autor do libro Galicia ten un referente: Isidro Parga Pondal, presentado o martes a modo de avance das celebracións de onte.

A inauguración do busto deu paso ao acto central da celebración do Día da Galeguidade Empresarial no que o Foro Peinador deu a coñecer catro empresas ou sociedades comprometidas coa incorporación da lingua galega ás súas actividades. Nesta ocasión manifestaron a súa adhesión a este obxectivo, Ángel Concheiro Coello, da Asociación Galega de Empresas de Restauración; o empresario e político lalinense Rafael Cuíña Aparicio, do Grupo Aurela; Yolanda Vaamonde, da Caixa Rural Galega, e José Felicísimo Pereira, adegueiro do Ribeiro.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A Facultade de Química acolle un busto dedicado ao investigador