«Os premios Estornela e Arume para nenos son continuidade... ata a morte desde que descubro Galicia»

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

19 sep 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Como activista cultural creou o premio Arume de poesía para nenos e o Estornela que está en tempo de recepción de obras ata o 30 de outubro. Fíxoo con intención, sabendo a onde vai...

-Claro, claro. Teñen 15 anos e miraramos que xéneros estaban en déficit. Había narrativa pero de teatro nada. Non hai ningún concurso para teatro nin poesía para nenos. Os únicos son os nosos. O estornela non é para que escriban os nenos e para escritores cos nenos como destinatarios para que os nenos poidan representar teatro para que nas asociacións culturais teñan material e no caso da poesía para que volvan a poesía , _antes recitábase_ que teñan poesía feita para eles feita por poetas.

-O Estornela esta aberto.

O primeiro ano estaban tan necesitados dun concurso de teatro para nenos que se rexistraron 65 obras. Hoxe chegou a primeira. Teñen todo o mes que ven.

-Segue a ser activista

Non é mais que unha continuación e será hasta a morte desde que descubro Galicia na emigración Nos tiñamos un privilexio tiñamos alí clases en galego e ademais gratis, de historia, xeografía, literatura, con profesores que se chamaban Rafael Dieste, Blanco Amor... Un privilexio que nin remotamente tiñan na Universidade de Santiago.