Palabras para «Xocas» no seu vintecinco cabodano

x. m. r. ourense / la voz< / span>

SANTIAGO CIUDAD

MIGUEL VILLAR

20 jul 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

O cemiterio de San Francisco acolleu a homenaxe do Museo do Pobo Galego a quen foi fundador e presidente do seu padroado ata a súa morte: Xaquín Lorenzo Fernández (1907-1989). O actual presidente do padrado, Justo Beramendi, sinalou que hai expresións que de tanto empregalas de xeito non acaído rematan por perder o seu verdadeiro senso: «Mais non se trata aquí dun tópico oco porque ?bo e xeneroso? é unha expresión acaída, unha descripción exacta da entrega a Galicia de Xaquín Lorenzo. A súa traxectoria vital e profesional levouno non só a ser un referente dos estudos etnográficos de Ourense e Galicia, senón tamén un exemplo de amor, pertenza e defensa do noso, algo que temos a obriga de seguir mantendo pois o seu enorme legado permitiu botar luz sobre aspectos básicos da cultura e a historia da nosa terra». Beramendi dixo que Xocas foi «unha ponte entre a Xeración Nós e a nosa», superando a represión do galeguismo cunha «ética cívica que soubo transmitir ás seguintes xeracións, sendo a súa última achega de sacrificio e amor por Galicia a asunción da presidencia do padroado do Museo do Pobo Galego».

Na homenaxe ao etnógrafo, no vintecinco cabodano do seu pasamento, o conselleiro de Cultura referiuse ao «maxisterio indiscutible de Xaquín Lorenzo, que deixou unha pegada que se agranda co tempo» e ao feito de que Galicia ten na súa figura «un dos soportes máis precisos e rotundos da súa identidade», además de sinalar a influenza que nel tiveron Risco, Cuevillas e Otero Pedrayo. José Manuel Baltar lembrou que a Deputación recoñeceu o traballo de Xocas nomeándoo «Fillo predilecto da provincia» e que o seu legado mantense no centro de cultura que leva o seu nome.

Ao comezo Francisco Fariña lembrou a Xurxo, o irmán de Xocas que morreu sendo mozo.