«Santiago, sen peregrinos, sería unha urbe máis»

Margarita Mosteiro Miguel
marga mosteiro SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

XOÁN A. SOLER

A publicación fai un percorrido cheo de recomendacións pola «última etapa do Camiño», centrado en Compostela

05 jun 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

SANTIAGO

URGENCIAS (9.30 a 22.00 horas)

San Pedro de Mezonzo, 34 981 593 391

Rúa do Toural, 11 981 585 940

Rúa de Madrid, 12 981 583 156

Frei. Rosendo Salvado, 18 981 599 702

Santa Marta de Arriba, 4-6 981 521 064

Manuel F. Rodríguez presentou a segunda entrega das guías, editadas por Bolanda, dirixidas a resaltar o patrimonio da cidade vinculado aos peregrinos. Tras a primeira edición, A Catedral dos Peregrinos, Rodríguez presentou onte Santiago de Compostela para los peregrinos. Guía Secreta.

-¿Que atopamos en «Santiago de Compostela para os peregrinos. Guía secreta»?

-Despois da Catedral dos peregrinos había que darlle aos peregrinos unha resposta a necesidade de facer a última etapa do Camiño pola cidade de Santiago. Hai guías marabillosas dedicadas ao seu patrimonio, pero non está a guía que descubre a cidade dos peregrinos.

-¿Por que secreta?

-No ten que ver cun aspecto esotérico, senón co feito de que a cidade dos peregrinos non está a simple vista. Esta guía quere traela ao primeiro plano para aqueles que teñen o interese sobre o patrimonio vinculado aos peregrinos. Non podemos esquecer que eles son o principio e fin desta cidade. O día que non haxa peregrinos na cidade, Santiago será unha urbe máis e deixará de ser a gran urbe dos peregrinos do mundo. Por iso temos que coidalos.

-¿De que punto parte a guía?

-Parte do punto de que os peregrinos do pasado e do presente empezan a facer súa a cidade. Arranca no Monte do Gozo, que historicamente é o espazo onde teñen a primeira visión da cidade. Despois deste intenso momento, chegan a San Lázaro, onde se recollen os primeiros centros de acollida históricos para os peregrinos. Máis adiante, contamos a historia da fonte dos Concheiros. Do que se trata é de contar sitios coñecidos pola súa historia vinculada aos peregrinos. Na guía tamén vai o que os peregrinos facían despois de visitar a Catedral, porque agora os grandes peregrinos tamén o queren facer. Os peregrinos recorrían a cidade e facían por ela unha peregrinaxe que os levaba ás igrexas e aos recunchos.

-¿Hai sitios esquecidos?

-Hai dous que me dan especial pena. A fonte do Franco, que moitos composteláns non coñecen, pero está na lenda fundacional da cidade e é intensamente peregrina. Era unha fonte con fama milagreira, na que se producían aglomeracións e agora está esquecida. E, outro, é o cemiterio dos peregrinos. Poucos saben onde están, detrás do pazo de Raxoi. Nin sequera se chama parque dos peregrinos. E incrible que pase isto na cidade meta dos peregrinos.

Manuel F. Rodríguez Autor da guía secreta