Galicia recoñece as linguas do entorno nos premios Rosalía

Santiago / La Voz

SANTIAGO CIUDAD

Uribe recolle o seu premio ante o aplauso de Serra e Pepetela (segundo e terceiro, pola esquerda).
Uribe recolle o seu premio ante o aplauso de Serra e Pepetela (segundo e terceiro, pola esquerda). Sandra Alonso< / span>

Os galardóns valoran o traballo dos escritores en castelán, catalán, éuscaro e portugués

29 may 2014 . Actualizado a las 09:09 h.

O nobre salón do pazo de Fonseca, na capital de Galicia, acolleu o acto de entrega dos premios Rosalía de Castro que organiza o Centro Pen de Galicia e a Consellería de Cultura, co apoio da Universidade de Santiago. Estes galardóns recoñecen o traballo dos escritores das linguas da veciñanza, tales son o castelán, o catalán, o éuscaro e o portugués. Neste caso a homenaxe foi para o angolano Artur Carlos Mauricio Pestana dos Santos, Pepetela, en lingua portuguesa; o mallorquino Antoni Serra, en lingua catalá; o vasco Kirmen Uribe; e a arxentina Claudia Piñeiro, en lingua castelá, aínda que esta última non puido acudir por problemas de saúde.

Ao acto asistiu o reitor en funcións da USC, Juan Casares, e o presidente do Centro Pen Galicia, Luís González Tosar, ademais do conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, quen destacou o nome dos premios, Rosalía de Castro, «o que lle confire maior categoría a estas distincións outorgadas polos propios escritores galegos». Trala intervención de González Tosar e o reitor da USC, tocoulle a quenda ao profesor e crítico Armando Requeixo, que fixo a laudatio dos catro galardoados. Aínda que se trata da décima edición destes premios, acumulan xa dezaoito anos de historia, porque teñen unha periodicidade bienal. O galardón foi instituído polo Pen a iniciativa do escritor Carlos Casares e ao longo deste tempo ten homenaxeado a persoeiros da talla do Nobel José Saramago, Gonzalo Torrente Ballester, José Ángel Valente, Ernesto Sábato, Isabel Allende, Álvaro Mutis, Nélida Piñón, Manuel Vázquez Montalbán ou António Lobo Antunes.