A programación, en detalle

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

27 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Inauguración. Xosé Neira Vilas lerá o pregón inaugural das Festiletras 2014. Haberá música e unha ofrenda floral a Pondal.

Aldeas singulares. Rubén Riós, Lola Tourón, representantes del colectivo Ollomao, da Fundación Armando Palacio Valdés e da Universidade de Santiago e, Jaime Izquierdo Vallina participarán nunha xornada dedicada á revitalización das aldeas e que concluirá coa música de Oreka TX, Joao Afonso e Xabier Díaz.

Aldeas literarias. Un millar de rapaces dos centros educativos de Ponteceso e Malpica participarán nunha xornada repleta de obradoiros literarios en torno a autores da comarca como Xelucho Abella, Diana Varela Puñal, Xosé Antón Pet Posse ou Miguel A. Mato Fondo. Tamén tomarán parte os regueifeiros Suso e Antonio de Xornes, Suso Lista, Oli Xiráldez, Xabier P. Docampo ou Xosé Cobas. A xornada concluirá coas actuacións de Isabel Risco e Xosé Antonio Touriñán.

Artesanía, libros e espectáculos. A xornada culminante das Festiletras 2014 incluirá a celebración da vixésimo segunda edición da Feira de Artesanía, a Mostra do Libro Galego, obradoiros, actuacións musicais e teatrais. Malvela encargarase de pechar os actos.