A Fundación Rosalía presenta a biografía máis actualizada da autora

Manuel Lorenzo escribiu o texto por encargo da propia Fundación Rosalía de Castro, que onte o presentou en Padrón

Lorenzo escribiu o libro por encargo da Fundación Rosalía.
Lorenzo escribiu o libro por encargo da Fundación Rosalía.

padrón / lA voz

Sen agardar a Ulises. Vida de Rosalía é o título da biografía sobre a escritora máis actualizada que existe e que acaba de saír das mans do seu autor, Manuel Lorenzo Baleirón (gañador do Premio Xerais de Novela 2012 con Tonas de laranxa, escrito coa súa filla María Lorenzo Miguéns). Manuel Lorenzo escribiu o texto por encargo da propia Fundación Rosalía de Castro, que onte o presentou en Padrón.

Segundo explicou o presidente da fundación, Anxo Angueira, a Casa Museo de A Matanza e os seus visitantes precisaban dunha biografía sobre a autora que recollera os «numerosos avances» que se produciron na investigación sobre a súa vida e figura nas últimas décadas, tendo en conta que a último texto dispoñible data do ano 1982 e, tras varias reedicións, quedou «esgotado».

O resultado da encarga é un libro «digno e fermoso», segundo explicou a profesora da USC Dolores Vilavedra, que destacou do volume que «basicamente é unha invitación a entrar nos textos de Rosalía» ao tempo que o cualificou como unha biografía «actualizadísima e documentadísima», que «revisa falsos tópicos e deixa moi claro o que son meras especulacións sobre a vida da autora e o que son datos contrastados». É tan actual que mesmo incorpora na portada a imaxe máis recente que se coñece da autora.

Vilavedra considera que é un texto «moi útil» para os investigadores da vida de Rosalía e, neste senso, desexou que de aquí a dez anos se quede «anticuada» e sexa preciso escribir unha nova, porque iso suporía que aparecerían cousas novas sobre a autora.

Ademais, a biografía e «multilingüe», escrita ao galego pero xa traducida ao castelán polo propio autor; ao francés por Christine García e ao inglés por John Rutherford. Pódese atopar na casa museo a un «prezo moi asequible», grazas ao apoio económico da Consellería de Cultura, representada no acto de onte polo secretario xeral Anxo Lorenzo. No mesmo tamén interviron o historiador Xosé Luís Axeitos e o propio autor.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos

A Fundación Rosalía presenta a biografía máis actualizada da autora