O Museo recibe en doazón documentos do século XVII


A colección do Museo Provincial de Lugo medrou estes días coa doazón privada -perpetua, gratuíta e sen restrición de uso- dunha serie de documentos desde o século XVII de grande interese para historia de Galicia e da provincia, segundo indicaron fontes da Vicepresidencia da Deputación. Esta doazón foi feita por unha lucense á que Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo, agradeceu a súa «xenerosidade e colaboración». No acto de presentación estiveron, ademais, Aurelia Balseiro, directora do Museo, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial.

O novo ingres consta de catro unidades de instalación, cos documentos correspondentes ás provincias de A Coruña, Santiago de Compostela, Mondoñedo e Pontevedra.

Segundo explicaron desde a Deputación, o máis interesante para a provincia de Lugo é o relativo a Mondoñedo, datado de 1619, e que dá conta da fundación de dúas capelas, creada por Antonín de Estrada, rexedor de Mondoñedo, e a súa esposa, María de Losada. Trátase da do Santo Cristo, na igrexa catedral de Mondoñedo, fundada pola propia María de Losada e o seu primeiro marido, o atesourado merceiro de Mondoñedo, Nicolás Boeche; e a do hospital que houbo en Mondoñedo ata que en 1750 Fray Antonio Alejandro Sarmiento de Sotomayor, Bispo de Mondoñedo, decide construír o hospital de San Pablo e San Lázaro noutro emprazamento.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos

O Museo recibe en doazón documentos do século XVII