Compostela reivindica a Roberto Vidal Bolaño

nacho mirás SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

XOÁN A. SOLER

Exposicións, libros e todo tipo de iniciativas na véspera do 17 de maio

16 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Continúan os actos de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, con todo tipo de iniciativas que queren poñer acento na figura do dramaturgo compostelán a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

concerto

«Aqueles cantares». O Consello da Cultura presentou onte o concerto do Día das Letras Galegas, titulado este ano Aqueles doces cantares. No 150 aniversario dos Cantares Gallegos. A cita é hoxe na igrexa de San Domingos de Bonaval a partires das 20.00 horas. Serán 36 cantares e outras tantas composicións musicais para unha posta en escena na que colaboran a Asociación Galega de Compositores, a Asociación de Actores e Actrices e a Escola Superior de Arte Dramática. A entrada é libre ata completar aforo.

reedición

«Doentes». Edicións Positivas coedita xunto coa Consellería de Cultura e o Consorcio de Santiago a obra Doentes. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor na presentación «o enorme potencial como director, creador e intérprete» de Vidal Bolaño e apostou por situalo «no lugar que lle corresponde la literatura galega».

doce homenaxe

As «Bolañas». Paloma e Eva Bustelo traballan arreo nas galletas que, coa efixie de Vidal Bolaño, están á venda nas panaderías San José, en Concheiros e Milladoiro. Elabóranse no obrador de Rois e foron bautizadas pola actriz Mara Sánchez.

libro e conferencia

Acto en Fonseca. A Universidade de Santiago adiántase á celebración cun acto literario, hoxe, ás 11.00 horas, no Salón Nobre de Fonseca. O reitor, Juan Casares, presidirá a cerimonia, na que o director do departamento de Filoloxía Galega, Francisco Cidrás, presentará o volume Roberto Vidal Bolaño. Día das Letras Galegas 2013. O catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío pronunciará a conferencia Roberto Vidal Bolaño na historia do teatro galego.

actos no rosalía

Placa e exposición. Hoxe, ás 12.10, descuberta da placa conmemorativa do 150 aniversario de Cantares Gallegos. Ás 12.30, exposición do alumnado de plástica arredor da obra Touporroutou da lúa e do sol, de Vidal Bolaño. Ás 12.245, conferencia de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía.

touro

Para nenos. A aula municipal de usos múltiples acollerá, a partires das 16.15 horas, un obradoiro sobre la vida e obra de Vidal Bolaño para nenos de 6 a 10 anos.

arzúa

Teatro. Os alumnos de Amarai interpretan a obra Os amores de Boimil. A representación, dirixida ao público en xeral, será na Casa da Cultural a partires das 11.30 horas.

melide

Manuel Guisande. O escritor e xornalista Manuel Guisande impartirá no colexio público número 1 unha charla didáctica sobre xornalismo e medios.