A diversión non ten prezo

Camilo Franco SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

02 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Se facemos caso do que lle sucede aos libros entenderemos que na sociedade hai unha divisións: os que están nos escaparates e os que acaban no outlet. Cada vez hai menos termo medio. Pero podemos estar seguros de que todo o que lle sucede aos libros agora vainos pasar a nós máis adiante.

Hai costumes que se perden no tempo e na furia da publicidade. Por exemplo: cando non hai cine a mellor opción son os libros. Área Central manterá esta posibilidade ata o vindeiro 17. Polo prezo dunha entrada de cine poden levar para casa ata cinco libros dos máis variados argumentos. Pero hai que advertir para os despistados que a diversión dos libros non está en mercalos baratos senón en lelos calquera que sexa o seu prezo.

Na oferta deste novo outlet do libro galego non faltan as guías dos mamíferos de Galicia, os estudos sobre os camiños a Santiago, as volumes de estampas antigas que tanto adornan os salóns con sofás cómodos a poesía última e a lírica primeira.

Hai sagas enteiras de Bolechas e volumes de xornalismo recente. Sen rebuscar moito, nin na oferta nin nos petos, poden marcha para a casa tan novos como cando os fabricaron biografías de pintores como Arturo Souto ou os itinerarios da comarca do Salnés. Tamén hai clásicos: Vicente Risco, Castelao, Conrad ou Henry James. E se o que gusta do cine son os flocos, son moi fáciles de facer no microondas.

En directo Outlet dos libros en Área central