-¿Como interpreta o último ano e medio da catedral?
-Cando penso neste tempo que pasou, penso no sufrimento do antigo deán, José María Díaz. Pero tamén penso nos coengos e no cabido, e no persoal da catedral e creo que todo o mundo o tomou con serenidade. Non hai ambiente tenso, ao contrario, ás veces miramos con certo humor o que se di de nós.
-O deán da catedral era unha autoridade para a cidade. ¿Cal vai ser o seu papel público?
-Un deán representa a unha institución moi importante para todos, e non só desde o punto de vista espiritual. Creo que para a sociedade galega é moi importante que a catedral de Santiago non pase a ser unha institución insignificante. E para min ese é o reto: facerse presente, dialogar con todos.