Siniestro Total tocará no San Froilán o 6 de outubro

MARÍA CARAVEL

SANTIAGO CIUDAD

O presidente do grupo cinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, interviu no acto da Semana de Cine.
O presidente do grupo cinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, interviu no acto da Semana de Cine. óscar cela< / span>

18 sep 2012 . Actualizado a las 12:08 h.

Siniestro Total será un dos grupos estrela do San Froilán 2012. O grupo liderado por Julián Hernández e Óscar Avendaño actuará o sábado 6 na Praza Horta do Seminario, onde tocará temas do seu último disco, Country&Western, e fará un extenso percorrido polos seus 30 anos de carreira. A actuación foi presentada onte polo tenente de alcalde de Lugo, Antón Bao, que tamén anunciou o concerto do grupo navarro Vendetta. Chegará ao público lucense o martes 9 na Praza de Santa María, para presentar o seu segundo disco: Puro infierno. Por petición popular, o grupo lucense En clave de Fado tocará o venres 12 en Santa María.

Semana Cine de Autor

A Semana Internacional de Cine de Autor, que organiza o grupo cinematográfico Fonmiñá en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación, arrancou onte coa inauguración da exposición «Ricardo Núñez. O emperador da simpatía», dedicada ao actor, director, produtor e guionista Ricardo Núñez Lisarrague. No acto participou o delegado de Cultura, Mario Outeiro, quen louvou a traxectoria «deste betanceiro que se converteu nun referente do nacemento e desenvolvemento do cine español».

Contra a obesidade

Máis de 500 nenos de quinto e sexto de Primaria da provincia de Lugo participaron no Plan estratéxico contra a obesidade infantil (Pecoidel), cuxos resultados foron presentados onte. Acudiron representantes dos promotores da iniciativa, como o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga; o director da clínica Dinan, Jorge Somoza, e a responsable de nutrición, Lidia Carballo; e Jesús Lázare, da fundación Balogal.

Xornadas penitenciarias

O Pazo de San Marcos acolleu a primeira sesión das Xornadas Penitenciarias Lucenses, que organiza o colectivo Concepción Arenal. Rematou cunha charla do avogado Rafael Martínez.