Case 90 alumnos de 22 países aprenden galego nos cursos de verán da Academia

Manuel Rey
manuel rey A CORUÑA / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

O presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, acudiu á presentación oficial na sede da institución

07 jul 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Había unha vez unha polaca, unha chilena, unha brasileira e unha portuguesa que falaban galego entre elas. Monika, Sandra, Cecilia e Martina son catro dos 86 alumnos de 22 países que asisten este mes á XXV edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros. Onte tivo lugar na sede da Real Academia Galega, na Coruña, a presentación oficial, coa presenza do presidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín. Os estudantes xa levan dende o día 2 acudindo ás clases en Santiago de Compostela, que rematarán o día 27. Durante este tempo, ademais das leccións teóricas e prácticas, os alumnos empaparanse da cultura do país visitando vilas como Allariz, Celanova ou Fisterra.