Día das Letras Galegas 1995, Rafael Dieste

Salvador García-Bodaño Zunzunegui

SANTIAGO CIUDAD

14 may 2012 . Actualizado a las 19:33 h.

Relevante figura referencial pola súa significativa contribución ao proceso evolutivo do cultivo das nosas Letras, cómpre situalo como coetáneo da chamada xeración do 25 e da xuventude artística daquel tempo, coa que trabou unha frecuente relación de orientación determinante a través dos seus artigos, charlas e achegas epistolares, apuntando dúbidas e procurando certezas acerca do ser humano e do coñecemento, levado da preocupación pola estilística na nosa lingua. Representou un singular factor innovador, tanto na teoría como na práctica, da creación literaria, dende unha poética plural, reflexiva, dialogal e plena de contido cara a novos planeamentos éticos e estéticos conducentes á entrada na modernidade.

Encamiñou as orixes do novo tempo literario co seu pensamento e a súa magnífica obra xornalística que cooperarían á transformación da vella prensa; os seus excelentes relatos breves (contos) e o seu teatro. Unha obra polarizada nunha excelente expresión na lingua galega e, dende os inicios do seu longo éxodo vital, tamén na castelá.

A súa escrita vence ao tempo.

* Obra

-Dos arquivos do trasno, 1926

-A fiestra valdeira, 1927

-A vontade de estilo na fala popular, 1971

-Antre a terra e o ceo, 1981

Rafael Dieste

*Rianxo, 1899

*Santiago de Compostela, 1981