Era académico e Presidente de Honra e cofundador da Editorial Galaxia
25 abr 2012 . Actualizado a las 19:40 h.Faleceu en Vigo o académico, ensaísta, avogado, economista, animador cultural e político do galeguismo Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915-Vigo, 2012).
Era Presidente de Honra da Editorial Galaxia S. A. e cofundador da editora en 1950. Tamén era director de Honra da revista Grial. Xaime Isla Couto participou nos grandes momentos do galeguismo político e cultural do século XX. Primeiro dende os equipos Ultreya, que orientaba Álvaro de las Casas, e as Mocidades Galeguistas, onde entrou en relación con Fernández del Riego e outros compañeiros de galeguismo.
Despois como participante do proxecto do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista.