«O clientelismo é o auténtico cancro da democracia»

m. b. santiago / la voz< / span>

SANTIAGO CIUDAD

14 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A editorial Galaxia presentou na Librería Couceiro o libro A arte do imposible. Ensaios a contrafío sobre o valor da política, de Ramón Máiz, obra gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2010. O catedrático de Ciencia Política da USC considera que o seu libro «aporta reflexión sobre a política entendida como creación», como «arte do posible en contra da política posibilista da arte entendida como o que se pode facer». Ou sexa, unha visión da política como «transformación da orde do existente». A partir desa visión, Máiz repasa diversas cuestións que afectan á práctica da política, comezando polo problema do clientelismo, que el entende que é o «auténtico cancro da democracia». Tamén aborda a cuestión de que falamos cando falamos de democracia, defendendo «un modelo de democracia republicana que discorre por camiños separados aos actuais» e non «a democracia minimalista na que estamos sumidos».