«O poemario é unha relectura de mitos, textos e de historias»

C. P. santiago / la voz

SANTIAGO CIUDAD

23 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O poeta Miro Villar presentou na Libraría Couceiro o poemario Crebas, (Espiral Maior), un título simbólico «porque fai referencia as crebas, aos restos que deixa a marea, e ao que vai quedando dos afectos e doutro tipo de historias das que se debería tirar proveito, e mesmo de saudade pola cultura mariñeira. Dá fe de cousas que van esmorecendo, pero non é un poemario de derrota, porque acaba con textos esperanzados, cunha chamada a volver ao ciclo, porque a creba sempre se converte en algo novo, ten unha vida nova»».

Este poemario, «que o é, porque ten unidade de principio a fin, un fío que percorre os textos todos», naceu a partir «dun poema de Méndez Ferrín que cito ao comezo, e dun texto de Fernández Naval sobre a cultura do refugallo que me dan pé a esa relectura». Coincide no título coa exposición de fotografía, aberta da Casa da Parra, de Sendón «que me cedeu unha das imaxes».