Paneis para divulgar as descubertas de Cova Eirós en Triacastela

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

19 feb 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O Concello de Triacastela divulgará os achados arqueolóxicos do xacemento de Cova Eirós mediante unha serie de paneis explicativos que lle acaba de facilitar a USC e que serán expostos de forma permanente nun local da capital do municipio. En Monforte xa se exhibiu no 2008 unha montaxe deste tipo, que resumía os resultados dos primeiras campañas arqueolóxicas realizadas nestas tres zonas.

O proxecto tamén foi divulgado o pasado ano mediante un curso de verán que impartiu a USC en Triacastela, baixo o título de «A vida na montaña luguese da Idade do Xeo». As investigación foron difundidas ademais mediante algunhas conferencias que se ofreceron con anterioridade en Monforte e Becerreá.

Centros educativos

Os responsables do proxecto sinalan por outro lado que tamén existe a posibilidade de ofrecer conferencias sobre estas investigacións nos centros educativos da zona. «Para este curso se cadra xa non é posible, porque os arqueológos que traballan nestes xacementos teñen o calendario dos próximos meses moi ocupado, pero algo máis adiante¡, se se solicita con suficiente antelación, seguramente non haberá problemas para organizar algunhas actividades deste tipo», di Ramón Fábregas.