Méndez Ferrín Aludiu á faceta de Pintos como pedagogo social, que quixo colocar a lingua galega no ensino, para remarcar que «a súa lección é permanente».
23 ene 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Non era esta a primeira vez que a corporación académica se reunía na cidade do Lérez en torno a figura Xoán Manuel Pintos (1811, Pontevedra-1876, Vigo), un dos precursores do Rexurdimento e autor de A gaita gallega, considerado o primeiro libro da literatura galega moderna.
Xa en maio de 1975, cando Pintos protagonizou o Día das Letras Galegas, celebrouse unha sesión extraordinaria do plenario da Real Academia Galega no Concello de Pontevedra en loanza do escritor. Así o recordaron onte no Teatro Principal os propios académicos, reunidos de novo nesta cidade para inaugurar o Ano Pintos, declarado polo Concello pontevedrés no bicentenario do seu nacemento.
O presidente da Real Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, foi o primeiro en salientar a oportunidade desta celebración, «cando aínda hoxe non conseguimos o obxectivo do pleno uso e dominio do galego en termos públicos e escolares». Aludiu á faceta de Pintos como pedagogo social, que quixo colocar a lingua galega no ensino, para remarcar que «a súa lección é permanente».