«Meu libro é un laio contra as imposicións dunha cultura minoritaria»


O xove escritor vilagarcián David Souto Alcalde presentou na libraría Couceiro A árbore seca , libro que recolle a obra poética coa que gañou a cuarta edición do premio de poesía Fermín Bouza Brey. David, estudante de Filoloxía na Universidade de Santiago, ve así publicado o seu primeiro libro de poesía.

-¿Cal é a temática que inspirou este primeiro libro poético seu?

-É complexo explicar, porque é un libro que tenta reaccionar ante unha especie de crise ou drama meu e doutra xente que estamos en Compostela vivindo a cultura galega. E un libro reivindicativo neste sentido.

-En canto a estética ¿por onde respira a súa poesía?

-Os poemas de Árbore seca se moven nunha estética formalista pero pretendo parodiar esa mesma estética, dándolle a volta. É dicir, funcionan como cantos épicos que tentan parodiar o concepto da alta cultura a través dun respecto pola cultura. Son poemas longos escritos en versos endecasilabos alexandrinos, inspirados en correntes da poesía europea, española e certa poesía galega.

-¿Para os poetas novos como vostede faise difícil hoxe publicar en Galicia?

-Claro. Precisamente por iso é o primeiro e último libro que escribo en galego. Todo o libro é un laio contra iso, contra imposicións dunha cultura que xoga a ser minoritaria, pero que a maior parte das veces é dun escaparatismo puro e duro.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

«Meu libro é un laio contra as imposicións dunha cultura minoritaria»