O Barroco centra as próximas xornadas de Lugo Patrimonio

C. López

SANTIAGO CIUDAD

23 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Conferencia do historiador Carlos Velasco, da Universidade da Coruña.

Conferencia do arquitecto Xosé Anxo Carreira Montes.

Os asistentes poderán ver a catedral e San Martiño Pinario.

Conferencia do historiador Adolfo de Abel Vilela. «Escultura e pintura do Barroco galego». Conferencia do restaurador César Carnero.

Á catedral, á igrexa de Santo Domingo e á capela da Soidade.

Para ver a igrexa de San Vicente do Pino, o pazo de Tor e o mosteiro de Samos.

O pasado ano foi o Románico e nesta ocasión é o Barroco o estilo arquitectónico ao que estarán dedicadas as xornadas didácticas que Lugo Patrimonio ten programadas para os vindeiros meses de marzo e de abril e que onte presentou o presidente desta asociación, Lois Diéguez, na galería Sargadelos.

Ao igual que os precedentes, este obradoiro constará de conferencias, debates, proxeccións e viaxes aos lugares máis representativos do barroco galego. Todo elo cunha finalidade clara que, en palabras de Lois Diéguez, non é outra que «distinguir as nosas artes e saber da nosa historia». A clausura correrá a cargo do grupo coral Sólo Voces, que ofrecerá un concerto de música barroca, o 6 de abril en Samos.

As prazas limítanse a 165, que é o aforo do salón de actos da Deputación, onde terán lugar as conferencias. A matrícula custa 10 euros para os que non son socios, e cinco para os que si pertencen a Lugo Patrimonio. Os que queiran inscribirse poderán facelo esta próxima semana na galería Sargadelos, de seis a oito da tarde. Do luns ao mércores os socios, e xoves e venres, os que non o son. Na solicitude deben especificar se van ir ás viaxes ou non.