Política Lingüística subsidia novos materiais didácticos para promover a convivencia escolar

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

31 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística subsidia a distribución de graza para os colexios de novos materiais didácticos que teñen como tema a convivencia escolar. Nesta ocasión son as películas Pérez, o ratiño dos teus soños e Para que non me esquezas , orientadas para primaria e secundaria respectivamente, xunto con unidades didácticas sobre os dous produtos audiovisuais que elabora o Seminario Galego de Educación para a Paz.

No lanzamento público destes produtos participou tamén o director xeral do Consorcio Audiovisual autonómico, que colabora na difusión, ben como Patricia Ferreira, directora do primeiro dos filmes sinalados, e Xesús Vecino, de Bren Enterteiment, promotor do outro filme.

A presentación tivo lugar no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), en San Lázaro. Estes materiais forman parte da programación «Cine para convivir», que impulsa desde hai varios anos o Seminario (Fundación Cultura de Paz), que tamén estivo representado no acto.

O obxectivo, segundo indican, é a dotación de materiais didácticos para abordar a convivencia escolar por medio do cinema.