Pontevedra acolle unha homenaxe aos mestres oprimidos na dictadura

Bibiana Villaverde
Bibiana Villaverde PONTEVEDRA

SANTIAGO CIUDAD

RAMÓN LEIRO

25 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

?s mestres represaliados na guerra Civil terán hoxe a súa homenaxe no instituto Valle Inclán ás 19 horas. Onte foi a presentación deste acto que consistirá na proxección da película Crónicas de pizarra e xiz e na intervención de Anxo Serafín Porto, profesor da facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago. No acto tamén participará Herminio Barreiro, mestre suspendido de empleo e soldo na época da dictadura. Segundo o secretario da fundación Luis Tilve, Roxelio Pérez, este encontro servirá de homenaxe a tódolos docentes que comezaron a súa labor na segunda República e que posteriormente foron depurados e detidos polas forzas franquistas. Pérez insiste en que o acto é «unha moi boa oportunidade de recordar as conquistas da segunda república en materia de educación». Segundo os datos da fundación Luis Tilve, durante o franquismo foron asasinados máis dun cento de mestres en Galicia e máis de catrocentos foron suspendidos de emprego e soldo despois de pasar polos exames de depuración.