Un estudo sobre tres obras de Berceo gaña o Premio Dámaso Alonso


la voz | santiago

O xurado da sétima edición do Premio Dámado Alonso de Investigación Filolóxica outorgoulle o galardón a Juan Carlos Fernández Pérez por un estudo que analiza tres obras do escritor medieval Gonzalo de Berceo titulado El estilo de Berceo y sus fuentes latinas: La vida de Santo Domingo de Silos, Los milagros de Nuestra señora y Los Himnos. Análisis comparativo .O gañador, licenciado en Filoloxía Hispánica e natural de Pobra do Caramiñal, acada este premio no seu terceiro intento, tal como declarou momentos despois de que se fixese público o fallo. O tema coincide co da tese de doutoramento que ultima para a súa defensa na Universidade de Santiago, baixo a dirección do profesor Juan Casas. O Premio Dámaso Alonso está convocado pola Universidade de Santiago xunto co Concello de Ribadeo e o Grupo Voz para promover e difundir a investigación filolóxica relacionada con calquera dos temas nos que traballou Dámaso Alonso, dende a crítica literaria á dialectoloxía, por parte de investigadores menores de 30 anos. Nesta edición participaron sete traballos de Galicia e outras comunidades. A dotación do premio é de 6.000 euros máis a edición do traballo polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago, que a terá a tempo para a entrega do galardón, no mes de outubro e en datas próximas á do nacemento do filólogo que foi presidente da Real Academia Española. O xurado, que por delegación do reitor presidiu o catedrático Darío Villanueva, integrárono os tamén catedráticos composteláns de Filoloxía Guillermo Rojo, Antón Santamarina e González Herranz; a profesora de Literatura Española da Universidade de Vigo, Dolores Troncoso, e a concelleira de Cultura de Ribadeo, María Luz Álvarez Lastra.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Un estudo sobre tres obras de Berceo gaña o Premio Dámaso Alonso