Recoller o labor crítico e editar ben e completa a producción galega

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

29 mar 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

?arlos Callón xa se ocupou de Lorenzo Varela en traballos de crítica, e nunha investigación que defendeu na USC, dirixido polo profesor Elías Torres. En Unha historia que nos pertence estuda polémicas como as de Ramón Piñeiro con Luís Seoane ou Celso Emilio Ferreiro sobre a literatura de protesta «que esclarecen o que fosen pouco recoñecidas as innovacións de Lorenzo Varela», afirma. -Por un lado, recoller todo o seu labor como crítico literario; e difundir a súa producción literaria galega acompañada dos paratextos con que foi publicada, tanto deseños como textos, pois é difícil encontrar unha edición que os inclúa. Callón destaca tamén a atención de Lorenzo Varela ao mundo cultural brasileiro e confía que actos como o lanzamento de onte dun libro de Nélida Piñon en Santiago «non sexan algo anecdótico. Vexo esa relación como moi necesaria».