Un ascensor salvará as barreiras arquitectónicas no Museo do Pobo

La Voz C.P. | SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

SANDRA ALONSO

As obras estaban pendentes desde hai máis dun ano por problemas administrativos O elevador instalarase nun espacio oculto que está perto das escalaieras de caracol

09 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O Museo do Pobo Galego parece que vai poder ter, por fin, o agardado ascensor que salve as barreiras arquitectónicas, aínda que sexan tan fermosas e únicas como a triple escaleira de caracol, para acceder ás plantas do edificio. O problema que impedía a instalación do ascensor era de caracter burocrático. O Museo do Pobo Galego está nun edificio, propiedade do Concello de Santiago, é un edificio BIC, é dicir, un Ben de Interés Cultural, e daquela protexido. Pero como carece dun plan director, calquera intervención que se pretenda levar a cabo require un proxecto, neste caso do arquitecto Rafael Baltar, que ten que pasar por unha serie de controles administrativos. O ascensor instalarase nun espacio que existe detrás da famosa escaleira de caracol, oculto á vista e con acceso doado a tódalas plantas e ata a sala do mar, que está por debaixo no nivel do chan. O conselleiro de Cultura, que presidu a reunión do Padroado da Fundación Antón Fraguas, saludou que os problemas que impedían colocar o elevador quedaran resoltos, porque o seu departamento costea os gastos e ten reservados dende hai máis dun ano «vintedous millóns das antigas pesetas, é dicir, uns 132.000 euros, e as cousas suben cada ano».