Víctor Freixanes será nomeado o próximo luns director xeral de Galaxia

RODRI GARCÍA A CORUÑA

SANTIAGO CIUDAD

Nun principio, Damián Villalaín segue sendo o subdirector literario da editorial Víctor Fernández Freixanes non existía onte. Iso dixeron fontes próximas o que se perfila como novo director xeral da editorial Galaxia. O acordo terá que tomalo o Consello de Administración de Galaxia convocado para o vindeiro luns. Damián Villalaín decía onte que «felicito a Freixanes pero reservome a opinión sobre outra xente que participou no proceso»

26 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Xaime Illa Couto, membro do Consello de Administración de Galaxia, pedía onte a noite silencio sobre o relevo de Carlos Casares ó frente da editorial porque «iso é unha cousa que se ten que falar no Consello e aínda no se sabe de certo o que se fará». Entre os quince traballadores de Galaxia o nomeamento de Víctor Freixanes como director xeral da editorial dase por feita desde hai un tempo, aínda que non dispoñen de información oficial da propia empresa, dan por seguro que desde o próximo luns o número de empregados na editorial será de 16. Na xuntanza do pasado 22 de marzo, o Consello de Administración de Galaxia acordou propor a Damián Villalaín como novo director xeral. Este pediu un tempo para pensalo pero, pasados tres meses, Villalaín era moi claro onte cando, despois de certas reticencias a entrar no asunto, accedía a explicar o que está pasando: «E inevitable que haxa certo malestar, non con Freixanes, do que eu so teño que decir cousas boas, senón de como se levou este proceso» que, na súa opinión, «racha co estilo con que Ramón Piñeiro e Carlos Casares levaron esta editorial». Villalaín é taxante: «Galaxia é máis que unha editorial, é un estilo de facer as cousas, de tratar coa xente e neste proceso iso rompeuse». Despois de falar de Freixanes como «un excelente profesional, un intelectual de prestixio», explica Villalaín que polo de agora, seguirá no seu posto de traballo, que é o de subdirector literario. Lembra que o acordo do Consello de Administración de ofrecerlle a dirección xeral non foi anulado e deixa a porta aberta o futuro xa que «hai que ir tomando decisións». Finalmente, lamentou que os traballadores «de todas estas cousas enteramonos por fóra, polo que se di en Galaxia» Freixanes, que o sábado era nomeado candidato para substituir a Carlos Casares na Real Academia Galega, ocupará tamén en Galaxia o posto do seu amigo. Un home vencellado ós libros Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) desenvolve unha carreira literaria marcada tamén pola súa aportación ó xornalismo como periodista e docente. Tampouco é un recén chegado á industria editorial, porque ocupou o posto de director en Edicións Xerais de Galicia e cargos directivos en Anaya. Freixanes é doutor en Filoloxía Románica e foi catedrático de Lingua e Literatura Galegas de bacharelato. Na actualidade é profesor na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela e colabora como articulista en La Voz de Galicia. O seu primeiro libro vén marcado por esa vocación xornalística, xa que se trata de Unha ducia de galegos (1976), no que entrevista a persoeiros como Carlos Casares, Luís Seoane ou Alonso Montero. Pero, como se di no Diccionario da literatura galega de Galaxia, o autor xa ten a vontade de construír un ensaio sobre o galeguismo recente. Como narrdor, a súa obra máis coñecida é O triángulo inscrito na conferencia , que acadou o premio Blanco Amor en 1981, así como os da Crítica galega e española. Recentemente, foi coordinador do ensaio colectivo Galicia, unha luz no Atlántico (Xerais).