Santa Comba aposta por unha pista de xeo para animar o Nadal

Emilio Forján SANTA COMBA / LA VOZ

SANTA COMBA

PACO RODRÍGUEZ

A cabalgata será substituída por visitas dos Reis Magos a todas e cada unha das parroquias

04 dic 2020 . Actualizado a las 23:19 h.

Las pistas de hielo constituyen una de las propuestas de ocio con más aceptación entre un público preferentemente joven en las fechas navideñas, y han ido extendiéndose, en los últimos años, de las ciudades a las localidades cabecera de comarca, como es el caso de Santa Comba, que ya ha previsto un protocolo para garantizar las medidas preventivas frente al covid-19

A Concellaría de Cultura de Santa Comba, que dirixe a Cristina Fajín, deseñou un programa amplo de animación navideña, no que figura a aposta máis novidosa para a capital xalleira: a instalación dunha pista de xeo que dinamice o ocio con control, e que impulse o consumo no comercio local. A outra novidade vén determinada pola tradicional cabalgata de Reis, eixo principal do Nadal na localidade, que este ano terá unha reinterpretación moi diferente, habida conta das circunstancias da pandemia. 

A principal gran aposta pasa pola instalación da pista de xeo na praza do campo da feira. Cuberta, pero á vez ventilada, con reserva previa on-line e límite de aforo por franxa horaria. Permanecerá montada ao longo dun mes, durante oito horas diarias e cun rigoroso pero sinxelo protocolo de accesos a través dun sistema ao que o público interesado poderá conectarse desde calquera teléfono móbil. Cada hora na pista de xeo terá un número máximo de usuarios e unha desinfección. Esta aposta busca incentivar a visita a Santa Comba para consumir e mercar no comercio local, e contará con xornadas reservadas para os colexios durante a primeira semana, ademais de albergar iniciativas solidarias para colaborar co Banco de Alimentos local e con outras necesidades de Servizos Sociais.