Santa Comba perde a Fidel Amigo un dos seus grandes músicos

e. forján SANTA COMBA / LA VOZ

SANTA COMBA

ANA GARCÍA

Mostrou unha especial sensiblidade para a música e formou parte da Nova Charanga

26 feb 2020 . Actualizado a las 05:05 h.

Fidel Amigo Seoane, que estaba vencellado á cultura tradicional na comarca do Xallas, finou este martes, aos 94 anos de idade. Percusionista e gaiteiro, Amigo era natural de Meanos (Zas), pero afincado dende hai setenta anos en Santa Comba, onde traballou en oficios varios como os de canteiro, albanel, ou mecánico. Tamén foi moi coñecido por rexentar durante moitos anos o taller co servizo Peugeot.

Hoxe mércores, ás once e media da mañá, terán lugar os actos fúnebres, coa condución do s seus restos dende o Tanatorio Carracedo ata a igrexa e cemiterio parroquiais de San Pedro. Estaba casado con María del Pilar López García e era pai de tres fillos: Fidel; María del Pilar e María del Carmen Amigo López; tiña catro netos.

Fidel Amigo formou parte da Banda de Música de Meanos, activa nos anos 40 e 50, onde moi novo comezou co seu pai (que era gaiteiro) e o seu padriño, tocando a caixa. Fidel mostrou unha especial sensiblidade para a música e formou parte da Nova Charanga, de Santa Comba, que estivo activa ata non fai tanto tempo.

Pablo Seoane, profesor das escolas de gaita e baile tradicional, lembrao polo seu «gusto exquisito á hora de interpretar calquera música» e como «un home noble, carismático e gran amigo» que sempre tivo palabras de ánimo para os membros da escola cada vez que lles vía actuar.