A Feira de Outono terá máis de 50 expositores en Santa Comba

La Voz SANTA COMBA / LA VOZ

SANTA COMBA

Celebraráse a partir do día 9 e continuará a fin de semana

01 nov 2018 . Actualizado a las 05:10 h.

A feira de Outono de Santa Comba cobra forza este ano con máis de medio cento de expositores xalleiros e foráneos que darán cobertura a sectores como o comercio, téxtil, artesanía, automoción, gastronomía e hostalaría, sobre unha superficie cuberta de 3.000 metros cadrados do recinto feiral da capital do Xallas. A feira, que está organizada pola Asociación Costavales, comezará ás 17.00 horas do día 9 de novembro e continuará o sábado o domingo, en horario ininterrompido desde as 10.30 horas.