Feira da Primavera, en Santa Comba do 23 ao 25 de marzo

La Voz

SANTA COMBA

14 mar 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

A Asociación Costavales organiza a Feira da Primavera, os días 23, 24 e 25 de marzo, no Recinto Feiral de Santa Comba, coa participación de empresas locais de sectores como a gastronomía, téxtil, zapatería, librería, ortopedia, parafarmacia, automoción, agricultura, servizos ou hostalería, e coa presenza de expositores de ocio infantil ou artesanía, algún deles procedentes de diversos puntos da xeografía española. Costavales persegue activar a economía e o comercio do municipio de Santa Comba ofrecendo aos visitantes da feira unha gran variedade de produtos e servizos. Todo elo estará concentrado nun único espazo -un recinto único na contorna que conta cunha superficie de 3.200 metros cadrados- e complementado con actividades de ocio e hostalería.