O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, o alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, rubricaron o documento que formaliza a cooperación entre as tres institucións para que o Concello conte cun diagnóstico detallado sobre a situación do galego
25 mar 2026 . Actualizado a las 12:36 h.O Concello de Rois, a Real Academia Galega (RAG), e a Secretaría Xeral da Lingua asinaron o luns o acordo de colaboración que permitirá realizar o mapa sociolingüístico escolar do municipio. O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, o alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, rubricaron o documento que formaliza a cooperación entre as tres institucións para que o Concello conte cun diagnóstico detallado sobre a situación do galego entre o alumnado de infantil, primaria e secundaria.
Rois é o quinto municipio de Galicia que traballará para desenvolver unha investigación que ten como obxectivo «servir de base para unha mellor planificación das accións de normalización do galego», lembrou o presidente da RAG, que engadiu que «é o primeiro acordo deste tipo cun concello pequeno en poboación».