Cincocentos escolares en prol da lingua en Santiago

La Voz

ROIS

O Correlingua volveu a recuperar a andaina

27 may 2023 . Actualizado a las 19:21 h.

Estudantes do IES Arcepisbo Xelmírez I (Santiago), CPI dos Dices (Rois), IES Xulián Magariños (Negreira), IES Leliadoura (Ribeira), CPI Ponte Carreira (Frades), IES Fonxeria (Muros), CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón), CPI de Zas e IES Félix Muriel (Rianxo) protagonizaron este venres o Correlingua en Santiago. O alumnado, ademais de participar nunha marcha, leu un manifesto en prol do galego. A rapazada gozou da actuación de Cuarta Xusta nun acto presentado por Fran Rei.