Treixadura e Virandeira Folk, pratos fortes do Naturfest de Rois

Uxía López Rodríguez
Uxía López ROIS / LA VOZ

ROIS

CEDIDA

A segunda edición do festival terá lugar o próximo día 27

09 jul 2019 . Actualizado a las 17:18 h.

A Cidade da Cultura acolleu onte a presentación da segunda edición do Festival Naturfest, que se celebrará no campo da festa de Rois o sábado 27 de xullo. Promovido polo Concello de Rois e o Obradoiro de Cultural Tradicional Chorima, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación, o Festival Naturfest terá á música galega como a gran protagonista. Así, Treixadura e Virandeira Folk, dous dos grupos de referencia na música tradicional galega, serán as principais atraccións nesta edición. Ademais de música, haberá un trail, un xantar popular, xogos en familia e un taller de iniciación teatral, entre outra oferta.