O novo festival NaturFest de Rois fusiona música, cultura e tradicións

ROIS

cedida

27 jun 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

Sábado 28 de xullo • Todo o día • O Museo do Pobo Galego acolleu onte a presentación do Festival NaturFest 2018, que organizan o Concello de Rois e o Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima. Trátase da fusión de dúas citas musicais estivais: o Chorima Naturfest, que promovía o grupo tradicional, e o Rois Arrasa!!!, impulsado polo Concello. Así, Pepe Vaamonde Grupo e Virandeira serán as principais atraccións do Festival NaturFest, que se celebrará o 28 de xullo no campo da festa de Rois e no que tamén actuarán Chorima, Pandeireteiras de Ermedelo, Repeniqueiras de Urdilde e Asociación Folclórica San Xiao do Trebo, de Cariño. O festival ten como obxectivos «situar a Rois outra vez como lugar importante da comarca para a promoción cultural e poñer en valor o patrimonio artístico e cultural cun evento que sexa recoñecido más aló das nosas fronteiras», segundo explicou o alcalde dese municipio, Ramón Tojo. A música será a gran protagonista do festival, aínda que a xornada inclúe, ademais, un trail para gozar do entorno, un xantar popular e xogos tradicionais, entre outras actividades. «Queremos manter o sentimento das vellas tradicións do pobo e dos seus costumes», dixo Antía Vicente, de Chorima. O NaturFest quere, ademais, ofrecerlle a canteira musical de Rois un espazo no que expresar e compartir a súa arte.