Embarcacións tradicionais no Ulla e no Sar por Rosalía

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

PADRÓN

Cedida

«Inchadiña branca vela» con ofrenda tras o desembarco en Padrón

17 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

En homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro, vinte embarcacións tradicionais representantes de toda Galicia uníronse á «Inchadiña branca vela» para subir o Ulla dende Valga e logo o Sar para desembarcar no Paseo do Espolón, en Padrón. A «Inchadiña» de onte estivo dedicada ao mariñeiro Parada, que participara en todas as edicións, cun un minuto de silencio durante a ofrenda na estatua de Rosalía.