O Xardín Botánico de Padrón acolle esta tarde a celebración do Asnot

La Voz

PADRÓN

MERCE ARES

Aprazado do día 24, os asistentes poderán desfrutar hoxe dun pícnic, tres concertos sorpresa e de todo o glamur dunha celebración canalla que fai de Padrón un escenario teatral

30 jul 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

Padrón celebra esta tarde o Asnot, a parodia das célebres carreiras inglesas de cabalos este ano reconvertida nun pícnic de xardín con fins benéficos, baixo o título de Asnot Garden Party. O evento foi aprazado do día 24, polo que a organización (Asnot Asociación Cultural) volveu ofertar as mesas de 6 persoas que quedaron baleiras por mor do cambio de data. Así, a partir das catro e media da tarde, hora de apertura das portas do Xardín Botánico, os asistentes poderán gozar dun pícnic nun espazo natural, de tres concertos sorpresa, da presenza da raíña do evento e de todo o glamur dunha celebración canalla xa consolidada e que fai de Padrón un escenario teatral.