Padrón fomenta o Camiño da Pedronía como orixe da ruta xacobea

Presentou a aplicación web desta ruta, o percorrido histórico de Santiago a Padrón


padrón / la voz

A Concellaría de Cultura de Padrón presentou onte a aplicación web do Camiño da Pedronía, o percorrido histórico de Santiago a Padrón, baseada no patrimonio inmaterial desta ruta, da que xa se fala no Códice Calixtino, dende lendas a tradicións, así como nas experiencias sensoriais que este itinerario aporta ao camiñante no marco dun turismo consciente.

A aplicación web, en tres idiomas, estará dispoñible en breve e será visible en calquera dispositivo móbil. Lorena Couso, concelleira de Cultura e Turismo de Padrón, avanzou o interese municipal de involucrar ao resto dos concellos polos que pasa o Camiño da Pedronía, co obxectivo de recuperar a antiga tradición de «volver á orixe do Camiño», que non é outra que Padrón. E facelo, engadiu, percorrendo os 25 quilómetros do itinerario de maneira consciente, gozando tamén do patrimonio inmaterial da ruta.

O alcalde, Antonio Fernández, explicou que o Concello agarda que a Xunta recoñeza «canto antes» a oficialidade deste Camiño. Ao acto de presentación da aplicación web na igrexa asistiu tamén o conselleiro de Cultura.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Padrón fomenta o Camiño da Pedronía como orixe da ruta xacobea