A Casa de Rosalía acolle a entrega de premios do concurso de poesía

La Voz

PADRÓN

07 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés entregan ás oito desta tarde no auditorio da Casa-Museo de Padrón os premios do VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato. As alumnas premiadas son: Ainhoa Trillo de Cee, Ainhoa Perinas de A Estrada e Sara Faro de Vigo. As gañadores recitarán os seus poemas e haberá unha actuación musical. Os textos elixidos serán publicados pola fundación, como leva facendo desde a primeira edición.