A Casa de Rosalía de Castro estrea a peza musical «Caldo de groria»

É unha versión musicada do poema "Miña casiña, meu lar»


Padrón / La Voz

A Casa de Rosalía de Castro, en A Matanza, no concello de Padrón, acolleu a estrea da peza musical Caldo de groria, creada por Loliña Mosquera, viuda de Cerqueiras e filla de Xosé Mosquera, o principal impulsor intelectual da adquisición da casa. A peza, arranxada polo mestre Braulio Cao Ledo para coro e banda, é unha versión musicada do poema de Rosalía Miña casiña, meu lar, que onte foi interpretada por primeira vez pola Banda de Música de Padrón e a Coral Polifónica Padronesa.

Foi a propia Loliña Mosquera quen fixo chegar a súa partitura manuscrita ao director da Banda de Música de Padrón, Braulio Cao, co encargo de que ofrecera a melodía a todos os padroneses. Despois dun intenso traballo, Cao desenvolveu e adaptou a partitura, pero tamén a simplificou nalgúns aspectos, pois o seu arranxo foi concebido dende a orixe para ser cantado polo pobo de Padrón e por todos os galegos. E onte soou o Caldo de groria na Casa de Rosalía, onde hoxe tamén se degustará, cociñado pola escritora Ledicia Costas no que é a última actividade de conmemoración do Día de Rosalía.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Casa de Rosalía de Castro estrea a peza musical «Caldo de groria»