O Concello de Rois súmase aos actos do Día de Rosalía

A Escola de Música interpretará a alborada da escritora no auditorio municipal


Padrón

Coa prantación dunha árbore de Guernika, a Fundación Rosalía de Castro comeza mañá os actos conmemorativos do Día de Rosalía, 24 de febreiro, data de nacemento da escritora. A prantación será na horta da Casa-Museo de A Matanza, en Padrón.

Pola súa banda, o Concello de Rois tamén se suma aos actos de conmemoración do 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e faino con diversos actos mañá no auditorio municipal, a partir das oito da tarde. Comezarán coa actuación da Escola de Música Municipal de Rois, que interpretará a Alborada de Rosalía. A continuación presentarase o número tres da Revista de Estudos Rosalianos Follas Novas, nun acto no que intervirán o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o director da publicación, Xosé Luis Axeitos, e o alcalde de Rois, Ramón Tojo.

Para rematar, os asistentes poderán degustar un caldo de gloria, elaborado seguindo o poema ‘Miña casiña, meu lar’ da escritora, e levarán como agasallo unha cunca de barro.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Concello de Rois súmase aos actos do Día de Rosalía