O Concello organiza a II Gala Rosaliana

Uxía López Rodríguez
Uxía López PADRÓN

PADRÓN

Será o día 21, con actos no Paseo do Espolón e no auditorio municipal

15 feb 2019 . Actualizado a las 12:15 h.

O Concello de Padrón organiza a II Gala Rosaliana con motivo da conmemoración o 24 de febreiro do 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. A gala celebrarase o venres 21, con actos no Paseo do Espolón e no auditorio municipal. 

No Espolón, as doce da mañá, haberá unha ofrenda floran diante da estatua da escritora, coa actuación da Asociación Cultural Rosalía de Castro. No auditorio, pola mañá haberá un recital poético de alumnado de Padrón, ademais de música. E pola tarde, a presentación do libro de poesía Onde dá a volta o aire, de Milagros Pérez Villanueva, gañadora do IV certame poético Rosalía de Castro. Tamén se visionará o video Caldo de Gloria, realizado en Padrón coa colaboración de mulleres das distintas parroquias do concello.

A gala continuará cunha interpretación da Coral Polifónica Padronesa e, para rematar, concerto lírico de Beatriz Vázquez Lorenzo (soprano) e María Forteza Gil (pianista).

Pola súa banda, a Fundación Rosalía de Castro presenta o luns os actos e actividades que organiza de cara ao 24 de febreiro, entre elas unha alborada global e o caldo de gloria.