A asociación feminista Mulleres en Padrón preséntase o domingo

Uxía López Rodríguez
Uxía López PADRÓN

PADRÓN

MERCE ARES

A xunta directiva explicará os obxectivos da entidade

15 feb 2019 . Actualizado a las 10:19 h.

A asociación feminista Mulleres en Padrón presentarase de xeito oficial este domingo no auditorio municipal da capital do Sar. Tras varios meses de planificación e xestións, a entidade feminista dase a coñecer nun acto que comezará as seis e media da tarde. No evento estará presente a Xunta Directiva da asociación, co fin de amosar o traballo realizado ata o momento e de explicar os seus obxectivos e pasos a seguir no futuro. Un deles é a incorporación de novas socias á agrupación, de modo que todas as mulleres interesadas poderán formalizala a partir da presentación do domingo. Así poderán inscribirse cunha cota base de 20 euros anuais, e con prezos reducidos para a xuventude.

A presentación, que está aberta para todas aquelas persoas que queiran achegarse a coñecer a nova asociación, contará ademais coa actuación musical da regueifeira feminista Alba María.